metalicia

Desde Galicia para el Metal

A Asociación Xuvenil Ortigueira Rock presenta a primeira convocatoria para participar nun Recopilatorio Online (co nome por decidir). O recopilatorio, sen ánimo de lucro, realízase coa fin de loitar contra o esquecemento e a falla de oportunidades na zona norte galega onde os grupos non dispoñen apenas de salas de concertos, locais de ensaio, apoio institucional, infraestruturas, etc...

O recopilatorio será para a distribución única e exclusivamente online (mediante descarga directa dende a web www.ortigueirarock.es e aparición en diferentes medios musicais para que calquera persoa poida facerse con el e incluso gravalo nun CD se o desexa).

REQUISITOS PARA PARTICIPAR:

Para participar no recopilatorio, ó grupo debe enviar ó enderezo de e-mail ortigueirarock@hotmail.com ós seguintes datos :

-Nome do grupo
-Breve historia do grupo
-Logo do grupo (no caso de que se dispoña del)
-Foto recente do grupo
-Teléfono e mail de contacto e contratación
-Dirección web/myspace
-Ano de formación do grupo.
-Lugar de ensaio ou relación de membros cos concellos citados nas condicións para participar
-Indicar o estilo musical do grupo.
-Enviar 1 tema de máximo 10 minutos de duración, de composición propia, en formato MP3, a calidade mínima de 128 kbps, e cunha calidade de gravación minimamente aceptábel (a organización poderá rexeitar os temas que incumpran certos criterios de calidade mínima de gravación, previo aviso).

CONDICIÓNS:

-Inscrición libre e gratuíta

-Poderán participar todos aqueles grupos que ensaien nos concellos de: Ortigueira, Mañón, Cerdido, Cariño, O Vicedo, Viveiro, Cervo, Ourol, Xove, As Pontes, Cedeira, Moeche, Valdoviño, As Somozas ou que polo menos 1 dos seus membros sexa dalgún dos concellos citados.
-Os grupos deben estar en activo.
-Poderán presentarse grupos ou solistas.

-O estilo de música dos grupos deberá estar incluído nalgún destes estilos: Acústico/Cantautor, Alternativo, Blues, Dance, Drum & Bass, Electrónica, Experimental, Folk, Funk, Hardcore, Heavy, Hip Hop, Rap, Indie, Jazz, Latina/Mestiza/Flamenco, Metal, Pop, Pop Rock, Punk, R&B/Soul, Reggae/Ska, Rock, ...

-Os artistas presentados garantirán que posúen os dereitos de interpretación e autoría do tema enviado, asumindo a súa propia responsabilidade e eximindo á Asociación Xuvenil Ortigueira Rock de calqueira responsabilidade ou reclamacións de terceiros. O tema enviado será usado única e exclusivamente con carácter de promoción e difusión por parte da Asociación Xuvenil Ortigueira Rock para reproducilos con carácter promocional e sempre ligados ao recopilatorio a través de Internet, radio e/ou Televisión.

-A orde dos grupos no recopilatorio será por rigorosa orde de inscrición. Unha vez se complete ó cupo de 1 CD (80 min), a organización dará por pechadas as inscricións. No caso que exista unha grande demanda de participación, a organización podería estimar oportuno engadir un 2º CD ao recopilatorio.


Para calquera dúbida, podedes preguntar dirixíndoos ao mail:
ortigueirarock@hotmail.com

Visitas: 0

Etiquetas: a, asociación, coruña, galiza, lugo, mariña, metal, ortegal, ortigueira, recopilatorio, Más...rock, xuvenil

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de metalicia para añadir comentarios!

Unirse a metalicia

Ortigueira Rock Comentario por Ortigueira Rock en 26 febrero, 2010 en 12:06am
joder, no se lee un carallo y no le doy cambiado el color a la fuente xDD

Anúnciate

 

Anúnciate Aquí

...y colabora con metalicia

Donación

Si quieres ayudar a pagar los costes y mantener viva Metalicia, puedes hacer una donación a través de PayPal

Distintivo

Cargando…

Buscar en DirectorioMetalicia.com

Buscar banda

Búsqueda avanzada

Buscar disco

Búsqueda avanzada

Buscar miembro

Búsqueda avanzada

Buscar local

Búsqueda avanzada

Buscar anuncio

Búsqueda avanzada

Recopilatorio

Descarga de forma gratuita el segundo Recopilatorio Metalicia.com con 28 temas de 28 bandas de la web en una única descarga
Descargar

© 2012   Creado por Yova.   Basado en plataforma .

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio