Acabamos de subir Myspace e LastFM, ademais de Metalicia, o tema que abrirá o novo cd de ORFOS. Estamos traballando na nova web, pechando datas de concertos... Nas próximas semanas iremos dando conta de todalas novas, cando e onde poder facervos cunha copia deste "NOCTARIUM" e adiantando tamén novos temas.
Agardamos que este tema, disco e nova dirección sexa do voso agrado. Aquí mesmo e tamén no FORO da banda podedes deixar as vosas opinións ;)